Reels

Reels

⚫ TOLEDO

⚫ TOLEDO

⚫ TOLEDO
Salvador García-Ayllón, director do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade Politécnica de Cartaxena, considera que non é seguro un sistema que caeu 170 veces no último ano e denuncia a falta de investimento para renovar unha tecnoloxía "obsoleta"
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🏠 PORTUGAL

🏠 PORTUGAL

🏠 PORTUGAL
O Goberno propón abrir un diálogo cos movementos pola vivenda despois dos desaloxos policiais en Lisboa e O Porto
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🏠 ESPAÑA

🏠 ESPAÑA

🏠 ESPAÑA
A maioría dos manifestantes abandonan a Porta do Sol e trasladan a súa actividade aos barrios para organizar a folga xeral
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🛍️ CONSUMO

🛍️ CONSUMO

🛍️ CONSUMO
Os paquetes de menos de 150 euros procedentes de países extracomunitarios soportan desde hoxe un novo recargo de 2 euros

🚘 GALICIA

🚘 GALICIA

🚘 GALICIA
Compras, ocio e traballo, estes son os motivos polos que máis collemos o coche os galegos
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🗳️ EUA

🗳️ EUA

🗳️ EUA
Os demócratas avantaxan en 7 puntos os republicanos en vésperas das 'midterms'

😈 #CIBERCARRACHOS

😈 #CIBERCARRACHOS

😈 #CIBERCARRACHOS
Ten moito coidado coas suplantacións no WhatsApp! Verifica sempre a persoa coa que falas! 🕵🏻📲

🌤 LUNS 02/11

🌤 LUNS 02/11

🌤 LUNS 02/11
Tempo solleiro e boa temperatura
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🚑 O ROSAL

🚑 O ROSAL

🚑 O ROSAL Un home, de 35 anos, e unha muller, de 44, quedaron feridos graves ao bater a súa moto contra un coche no lugar de San Xián Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Un home, de 35 anos, e unha muller, de 44, quedaron feridas graves ao bater a súa moto contra un coche na estrada PO-552 no lugar de San Xián, no concello do Rosal. Ambos os dous, naturais de Oia, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro. De acordo cos datos facilitados pola Garda Civil, a colisión frontolateral produciuse á altura do quilómetro 39 pouco antes das 19:30 horas e o condutor do vehículo, de 63 anos e veciño do Rosal, saíu ileso. Segundo as primeiras pescudas, o turismo circulaba en dirección A Guarda cando fixo un xiro permitido á esquerda para coller un cruzamento ao centro do Rosal. A moto, que ía en sentido Oia, non puido frear a tempo e bateu contra o coche.

🛩️ EUA

🛩️ EUA

🛩️ EUA
Nove mortos tras estrelarse un jet privado en Florida
⚠️ Atención! O vídeo recolle a conversa da piloto coa torre control e o audio é moi duro
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🌰 MONTERROSO

🌰 MONTERROSO

🌰 MONTERROSO
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a Feira de Santos da localidade
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🛍 CONSUMO

🛍 CONSUMO

🛍 CONSUMO Nova taxa de dous euros a cada produto comprado por Internet en plataformas de fóra de Europa Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Desde este domingo, 1 de novembro a Unión Europea aplica unha nova taxa de xestión de dous euros por artigo aos produtos comprados por Internet fóra do bloque comunitario. As compras procedentes de terceiros países, especialmente da China, en plataformas como Shein e Temu terán este incremento que se suma ao arancel fixo de tres euros que xa se aplica desde o pasado 1 de xullo para compras de menos de 150 euros. Esta taxa aplícase de forma individual e multiplicativa por cada produto da cesta, sen importar se veñen todos xuntos na mesma caixa ou se son o mesmo tipo de produto. Deste xeito, se o consumidor compras 3 xerseis, a plataforma terá que pagar 6 euros en total de taxa. Este sistema de taxas fixas estará vixente ata xullo de 2028, cando se prevé que se poña en marcha unha plataforma de datos común para aplicar os aranceis ordinarios correspondentes a cada tipo de mercadoría. As asociacións de consumidores advirten do risco de que as empresas acaben trasladando este custo de xeito oculto ao consumidor antes de finalizar o pago​​​​​​, aínda que a normativa esixe que as plataformas ou entidades importadoras son quen debe asumir esta taxa. A medida busca compensar os elevados custos que sofren os servizos aduaneiros europeos: tramitacións, análise de riscos e inspeccións de seguridade. "Agora a prioridade debe ser garantir que os importadores paguen a taxa, non os consumidores, e que os Estados membro a utilicen para o fin para o que foi concibida: reforzar realmente a capacidade aduaneira e protexer os consumidores", sinalou o director xeral da Organización Europea de Consumidores, Agustín Reyna. En 2025 entraron na UE 5.900 millóns de artigos de baixo valor procedentes destas plataformas, catro veces máis que en 2022. Este incremento elevou a presión sobre os servizos aduaneiros e complicou a detección de mercancías que incumpren as normas europeas de seguridade e protección dos consumidores, ademais de xerar preocupación pola competencia que afrontan as empresas establecidas na Unión fronte a vendedores estranxeiros. As plataformas que incumpran a norma ou introduzan produtos perigosos enfrontaranse a multas de ata o 6% do valor das súas importacións e a posibles bloqueos de acceso ao mercado europeo.

🔥 GALICIA

🔥 GALICIA

🔥 GALICIA A Xunta volve permitir as queimas agrícolas e forestais Toda a información, en G24.gal e G24play.gal A Consellería do Medio Rural anuncia que se retoman os permisos para queimas de restos agrícolas e forestais a partir deste luns, 2 de novembro, tras dar por finalizada a campaña de alto risco de incendios. Nun comunicado, o Goberno galego sinala que as persoas interesadas en facer queimas agrícolas deben informar con polo menos dous días de antelación e sinalar se os restos proceden de explotacións. Para as forestais, é preciso contar cunha autorización administrativa. No entanto, en ambos os dous casos a Xunta advirte de que poderán deixar de ter validez en caso de fortes ventos ou temperaturas altas. As xestións pódense realizar a través dunha web específica habilitada pola Administración autonómica ou mediante unha chamada ao teléfono 012.

🚔 VIGO

🚔 VIGO

🚔 VIGO
Prisión provisional comunicada e sen fianza para os catro acusados de roubar nunha vivenda de Coruxo
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🚑 ZAMORA

🚑 ZAMORA

🚑 ZAMORA Falecen catro membros dunha mesma familia, un avó, unha nai e os seus dous fillos, nun accidente de tráfico Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Catro membros dunha mesma familia, dous adultos e dous menores, morreron este domingo nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 13:45 horas no concello de Malva, na provincia de Zamora. As vítimas, veciñas da localidade próxima de Aspariegos, son un home de 59 anos, que conducía o vehículo, a súa filla de 29 e dous nenos, de 2 e 3 anos. O coche no que viaxaban foise da vía no quilómetro 16 da estrada ZA-P-2314. Segundo fontes da Garda Civil, bateu contra un sumidoiro de formigón. O sinistro produciuse nun treito recto, por causas aínda sen determinar. Ata o lugar desprazouse un equipo sanitario e un helicóptero medicalizado, pero os ocupantes faleceron no lugar dos feitos. Aspariegos é un municipio duns 220 habitantes situado entre as comarcas de Terra do Pan e o alfoz de Toro, a 25 quilómetros da capital zamorana.

🍞 SOCIEDADE

🍞 SOCIEDADE

🍞 SOCIEDADE
Pontevedra rescata a tradición do pan de ánimas
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

⚰ SOCIEDADE

⚰ SOCIEDADE

⚰ SOCIEDADE
O custo dun funeral, con todo o que conleva, parte dos 3.000 euros
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

⚫ TOLEDO

⚫ TOLEDO

⚫ TOLEDO
Renfe prepara un borrador con instrucións de velocidade e circulación despois do acontecido en Urda
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🎃 SOCIEDADE

🎃 SOCIEDADE

🎃 SOCIEDADE
A modelo Heidi Klum sorprende co seu sanguento disfrace de 'Halloween'
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🗳 29-N

🗳 29-N

🗳 29-N
A última enquisa de Sondaxe publicada por 'La Voz de Galicia' dá a vitoria ao PP
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🗳 29-N

🗳 29-N

🗳 29-N
Unha nova enquisa publicada por 'La Voz de Galicia' dá a maioría ao PP (29,25%) con Vox (19,2%)
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

⚫ TOLEDO

⚫ TOLEDO

⚫ TOLEDO Continúa a busca de restos biolóxicos en Urda Toda a información, en G24.gal e G24play.gal O Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Toledo e Cidade Real identificou 56 das 69 persoas falecidas no accidente ferroviario ocorrido este mércores en Urda. Segundo os últimos datos facilitados a última hora do sábado polo Centro Integrado de Datos (CID), o cómputo provisional de vítimas mortais mantense en 69. Entre os finados xa identificados, 54 teñen nacionalidade española, un tena francesa e outro portuguesa. As autoridades agardan que o resto de vítimas poidan ser identificadas nas vindeiras horas. Ao tratárense presumiblemente de cidadáns estranxeiros, estes labores dependen nestes momentos de diversas actuacións no ámbito da cooperación internacional. Ata o de agora, a gran maioría das identificacións —52 das 56 logradas— realizáronse mediante o cotexo de impresións dixitais, mentres que as catro restantes conseguíronse a través de probas de ADN. O CID explicou que xa se lles notificou a identificación ás familias de 51 das vítimas (33 homes e 18 mulleres) e 36 delas xa se puxeron á disposición dos seus achegados. As cinco notificacións restantes que faltan deste grupo comunicaranse coa maior celeridade posible. A xestión da catástrofe mantén activas trece denuncias por desaparición, todas elas correspondentes a cidadáns estranxeiros. As nacionalidades das persoas que seguen a ser buscadas son: catro dos Estados Unidos, dúas de Australia, dúas do Xapón, e unha da Arxentina, o Canadá, México, a República Checa e Tunisia.

🐗 OURENSE

🐗 OURENSE

🐗 OURENSE
Entre San Cibrao e Taboadela está o punto no que máis accidentes de tráfico con animais se concentran de España
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🚒 SANTIAGO

🚒 SANTIAGO

🚒 SANTIAGO
Arde un coche no periférico e obriga a cortar os carrís de entrada á cidade
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

💇‍♀️ VIGO

💇‍♀️ VIGO

💇‍♀️ VIGO
Tres xeracións no mesmo salón de peiteado
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

😈 #CIBERCARRACHOS

😈 #CIBERCARRACHOS

😈 #CIBERCARRACHOS
Coidado co Bizum e as pequenas transferencias! Hai que desconfiar incluso das pequenas transaccións! 💵📲

⛅ DOMINGO 01/11

⛅ DOMINGO 01/11

⛅ DOMINGO 01/11
Ceos despexados e temperaturas máximas de 20 graos
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

⛅ DOMINGO 01/11

⛅ DOMINGO 01/11

⛅ DOMINGO 01/11
Ceos despexados e temperaturas máximas de 20 graos
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

🚑 BARBADÁS

🚑 BARBADÁS

🚑 BARBADÁS
Unha anciá morre atropelada por un condutor cegado co sol
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal

📢 MADRID

📢 MADRID

📢 MADRID As comisións organizadoras da acampada na Porta de Sol de Madrid anunciaron a súa progresiva "mudanza" para preparar a folga xeral do 11 de novembro Toda a información, en G24.gal e G24play.gal As comisións organizadoras da acampada na Porta de Sol de Madrid en defensa do dereito á vivenda anunciaron a súa progresiva "mudanza" aos barrios para preparar a folga xeral do 11 de novembro e transformárense no Movemento 26-S. A decisión prodúcese despois de que a Delegación do Goberno enviara este luns un correo electrónico para comunicarlles que "podería resultar lexítimo poñerlle fin" o mesmo día que a capital se blinda ante a ameaza de posibles disturbios polas convocatorias da plataforma Blocus. "Desde Acampada 26-S, comezamos a chamada mudanza aos barrios para transmutar nun movemento social e de clase traballadora, comprendido como Movemento 26S", co obxectivo de "preparar a folga xeral", sinala un comunicado de Acampada 26-S. Malia recoñecer un "desgaste das forzas", o Movemento 26-S asegura que "inicia unha nova etapa" deixando claro que "ningunha destas decisións foi ordenada por un órgano de Goberno, senón que respondeu a unha percepción compartida das cousas". "Isto non significa que termine todo aquilo que construímos. As redes de apoio, os vínculos e as formas de organización que xurdiron durante estes días continuarán tomando distintas formas, respondendo ás necesidades que seguen presentes". No comunicado, as comisións dan conta das súas "vitorias" entre as que sinalan, "unha convocatoria de eleccións anticipadas", a "aprobación de dous Reais Decretos en materia de vivenda" e a mobilización do discurso público arredor deste problema e da "explotación da clase obreira". Sobre o terreo, xa non hai ningunha organización nin comisión presente en Sol salvo a constituída polas persoas sen fogar. No entanto, segundo puido constatar EFE, hai moita tensión porque hai un grupo non adscrito a ningún colectivo que non quere abandonar a praza. Polo momento, os integrantes das comisións explicaron a súa intención de marchar progresivamente, aos poucos, aínda que o ritmo é lento e apenas hai movemento de tendas. Así mesmo, os acampados non ocultan o seu "medo" á ameaza de posibles saqueos polas novas convocatorias de Blocus en diferentes puntos de España, como Madrid, tendo en conta que a alerta é máxima non só "na milla de ouro" senón en locais da rúa Alcalá.