🔥 GALICIA

🔥 GALICIA A Xunta volve permitir as queimas agrícolas e forestais Toda a información, en G24.gal e G24play.gal A Consellería do Medio Rural anuncia que se retoman os permisos para queimas de restos agrícolas e forestais a partir deste luns, 2 de novembro, tras dar por finalizada a campaña de alto risco de incendios. Nun comunicado, o Goberno galego sinala que as persoas interesadas en facer queimas agrícolas deben informar con polo menos dous días de antelación e sinalar se os restos proceden de explotacións. Para as forestais, é preciso contar cunha autorización administrativa. No entanto, en ambos os dous casos a Xunta advirte de que poderán deixar de ter validez en caso de fortes ventos ou temperaturas altas. As xestións pódense realizar a través dunha web específica habilitada pola Administración autonómica ou mediante unha chamada ao teléfono 012.