🚑 O ROSAL

🚑 O ROSAL Un home, de 35 anos, e unha muller, de 44, quedaron feridos graves ao bater a súa moto contra un coche no lugar de San Xián Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Un home, de 35 anos, e unha muller, de 44, quedaron feridas graves ao bater a súa moto contra un coche na estrada PO-552 no lugar de San Xián, no concello do Rosal. Ambos os dous, naturais de Oia, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro. De acordo cos datos facilitados pola Garda Civil, a colisión frontolateral produciuse á altura do quilómetro 39 pouco antes das 19:30 horas e o condutor do vehículo, de 63 anos e veciño do Rosal, saíu ileso. Segundo as primeiras pescudas, o turismo circulaba en dirección A Guarda cando fixo un xiro permitido á esquerda para coller un cruzamento ao centro do Rosal. A moto, que ía en sentido Oia, non puido frear a tempo e bateu contra o coche.