Relacionados
🚔 PONTEVEDRA
🚔 PONTEVEDRA O museo da cidade retira coleccións da exposición tras os roubos en galerías de toda Europa Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Nunha vitrina estaba exposto ata hai 2 días o Tesouro de Caldas, unha das coleccións das chamadas esenciais do Museo de Pontevedra. Noutra o tesouro de Foxados e o de Agolada. Todos foron retirados temporalmente ante a vaga de roubos cometidos en museos de toda Europa e que están obrigando os responsables a tomar medidas drásticas. "A nosa misión non é só conservar e difundir. É tamén preservar este patrimonio de todos para as xeracións futuras", explica Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra. O denominador común dos roubos como o de Villena, é o ouro, sobre todo coleccións voluminosas. O Tesouro de Caldas, coñecido internacionalmente, é a maior acumulación de ouro prehistórico de toda Europa. As pezas que quedan de todo atopado por casualidade, son 41, todas de ouro de gran pureza que suman un peso de 15 quilos. Dúas cuncas, unha xerra e sobre todo un peite son as máis valiosas. "Un peite que é un caso único, único en toda Europa. Non se atopou nunca unha peza desa calidade que ten esta". A retirada da exposición é temporal. Os museos optan por protexerse de bandas organizadas de ladróns de arte. "O risco que corren é que desaparezan para sempre". A gran preocupación é que esas xoias acaben nunha fundición dada a escalada do prezo do ouro. Perderíase un gran valor material pero sobre todo patrimonial.
🛳 GALICIA
🛳 GALICIA O Ministerio publica axudas por 4,1 millóns a máis de 2.000 buques galegos para compensar a subida do gasóleo Toda a información, en G24.gal e G24play.gal O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou este venres unha nova relación de potenciais beneficiarios das axudas destinadas a compensar o incremento dos custos do gasóleo pola crise en Oriente Próximo, de 9,9 millóns de euros e para case 4.500 armadores que son propietarios de máis de 4.800 buques de pesca. Galicia é a comunidade que recibe a maior parte destes fondos, con máis de 4,1 millóns de euros para 2.011 barcos. Esta compensación está destinada para o gasóleo consumido no período comprendido entre o 1 de maio e o 30 de xuño, o segundo tramo temporal desta liña de axudas, explica o Departamento liderado por Luis Planas. Aínda que o período elixible destas axudas chega ata o 31 de decembro, o Ministerio decidiu abonalas de forma parcial en períodos máis curtos co fin de "axilizar a súa concesión e permitir que os posibles beneficiarios continúen coa súa actividade", sinala nun comunicado. Os armadores dispoñen dun prazo de cinco días -entre o martes 13 e o luns 19 de outubro, inclusive- para comunicar erros, achegar as contas bancarias ou, no seu caso, renunciar ás axudas. A relación de potenciais beneficiarios está dispoñible na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Ademais, este informa de que prevé realizar nos próximos días un novo pago de axudas correspondentes ao primeiro período desta liña de apoio, comprendido entre o 22 de marzo e o 30 de abril, cuxo groso se abonou en agosto, por un importe de 3,2 millóns de euros.
🔴 CEUTA
🔴 CEUTA
O rei de Marrocos falou da irresponsabilidade dos políticos españois e dixo que non vai aceptar "chantaxes nin presión" de España
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal
⚫ SANTIAGO
⚫ SANTIAGO Centos de persoas. xunto con representantes da política, a cultura e a universidade, despiden no Museo do Pobo Galego a Xosé Manuel Beiras Toda a información, en G24.gal e G24play.gal O féretro de Xosé Manuel Beiras, ataviado coa bandeira de Galicia de Castelao e portado polos seus netos, os seus dous fillos, e os seus amigos e discípulos Antón Sánchez e Martiño Noriega abandonou pouco despois das cinco da tarde deste venres o Museo do Pobo Galego ao son unha gaita que entoaba a música do himno do Antigo Reino de Galicia e dos aplausos dunha multitude de cidadáns que acudiu a dar o seu último adeus ao político. E é que foron centenares as persoas anónimas que este venres formaron parte dunha multitudinaria comitiva, encabezada polos seus familiares e persoas máis próximas. Todas elas acompañaron a Beiras desde o Museo do Pobo Galego ata o coche fúnebre que esperaba os seus restos para conducilos ata o Cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, onde descansa a súa compañeira Aurichu Pereira e algúns dos seus amigos, como Isaac Díaz Pardo. O sonoro aplauso de máis de 20 minutos que soou durante o percorrido da comitiva só se interrompeu cando moitos dos presentes entoaron o "Galiza ceibe, poder popular" e coreado consignas como "Viva Beiras", "Beiras, Amigo, Galicia está contigo".