✝️ VIVEIRO
Celebran o Encontro, un dos actos máis antigos e agardados da Semana Santa
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal
Viveiro e Ferrol viven os días grandes das súas procesións declaradas de interese turístico internacional. Este Venres Santo, en Viveiro, xa pola mañá, a partir das 10, celebrouse unha das máis emotivas, a do Encontro, coas súas tradicionais imaxes.
O Encontro é un dos actos máis antigos e agardados da Semana Santa viveirense. Centos de persoas asistiron a primeira hora a esta representación da Paixón de Cristo que cobra gran realismo porque as tallas, que datan dos séculos XVI e XVIII, son articuladas e semellan cobrar vida, como cando se escenifica a primeira caida de Xesús coa cruz ás costas.
O momento culminante desta cerimonia é o encontro de Xesús con sua nai. O abrazo de ambos e as bágoas da Virxe encheron de emoción a praza Maior de Viveiro.
Tralo Encontro ao mediodia celebrouse o Sermón das 7 palabras, predicado polo bispo de Mondoñedo Ferrol. Pola tarde seguirán os actos do Venres Santo viveirense.