🚶♀️ VIGO
O Concello amplía o plan de ramplas e ascensores para salvar desniveis de ata 50 metros
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal
A cidade das costas xa non cansa tanto. O Concello de Vigo anuncia a construción dunha nova rampla mecánica para conectar dous tramos do centro urbano que van contar con elevadores mecánicos.
Estará no Paseo de Granada, xusto a carón da Casa do Concello, e servirá para unir as escaleiras da rúa da Segunda República, as primeiras que se instalaron na cidade, coas ramplas que se están a facer na parte alta da rúa, que é a última actuación que está en obras agora mesmo. Facendo algúns tramos a pé, eses elementos permitirán salvar 49 metros de desnivel total, dende a rúa Marqués de Valadares ata a faldra do monte do Castro.