🔴 ORIENTE PRÓXIMO
Trump anuncia a través das súas redes sociais o rescate con vida do piloto desaparecido en Irán
Toda a informaciĂłn, en G24.gal e G24play.gal
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou este domingo na sĂşa rede social que as forzas estadounidenses lograron localizar e rescatar con vida ao segundo piloto estadounidense que estaba desaparecido en territorio iraniano tralo derrubamento dun caza de guerra. O aviador permanecĂa en territorio inimigo dende o venres. Sufriu algunhas feridas, explicou o inquilino da Casa Branca, pero recuperarase sen problema, engadiu.
Unha nova que transcendĂa horas despois de que Donald Trump lle advertise a Irán que lle quedan 48 horas para chegar a un acordo ou pola contra atacará as sĂşas plantas enerxĂ©ticas.
"Lembran cando lle dei a Irán dez dĂas para chegar a un acordo ou abrir o estreito de Ormuz? Acábase o tempo: quedan 48 horas para que se desate o inferno sobre eles. Gloria a Deus!", escribiu Trump na sĂşa rede Truth Social.
O mandatario volveu estendeu hai uns dĂas o ultimato para que Irán reabra o estreito de Ormuz, polo que circula a quinta parte do petrĂłleo mundial, ata o 6 de abril.
O prazo inicial vencĂa o 23 de marzo e o segundo o 27 do mesmo mes. Esta Ăşltima mensaxe suxire unha data definitiva pero, co magante republicano, nunca se sabe.
Nun chĂo publicado este venres, Trump aseguraba que cun "pouco máis de tempo", poderĂan lograr "doadamente" a reapertura do paso.
"Cun pouco máis de tempo, poderiamos abrir doadamente o estreito de Ormuz, facernos co petrĂłleo e amasar unha fortuna. SerĂa unha 'mina de ouro' para o mundo?", afirmou.
O peche do estreito de Ormuz é unha das consecuencias máis desestabilizadoras derivadas da guerra en Oriente Próximo, iniciada o pasado 28 de febreiro tras os bombardeos dos EUA e Israel contra Teherán.
O presidente dos EUA dirixiuse á nación este mércores dende a Casa Branca sen informar de detalles concretos para poñer fin á guerra, nin dunha estratexia para reanudar a circulación en Ormuz.
Como moi tarde o vindeiro luns, 6 de abril, ás 20:00 horas de Washington despexaranse as dúbidas.