⚫ COVELO
Falece un traballador de 22 anos ao caerlle enriba unha árbore na parroquia de Lamosa
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal
Accidente laboral en Covelo en Pontevedra. Un operario de 22 anos faleceu ao caerlle enriba unha árbore. Aconteceu 10 minutos antes das 10:00 desta mañá na Lamosa, no lugar de Corzós, segundo a información recollida polo 112 Galicia.
Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse os Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitaven-Tea. Tamén se mobilizou persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan constancia do suceso.