⚫ FISTERRA
⚫ FISTERRA Morre un neno de 8 anos tras caer dunha fiestra do centro de menores Nosa Señora do Carmen Toda a información, en G24.gal e G24play.gal A Garda Civil investiga a morte dun neno de oito anos que caeu desde unha ventá dun centro de menores en Fisterra. O aviso chegou ao 112 Galicia ás 16:57 horas deste luns. A chamada alertaba de que o menor se precipitara desde unha ventá do centro de menores Nosa Señora do Carme. Ao lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, incluído un helicóptero medicalizado. Os equipos intentaron atender o menor, pero non puideron salvarlle a vida. A Garda Civil asumiu a investigación do caso e traballa para esclarecer as circunstancias do ocorrido. Dende a Xunta de Galicia quixeron transmitir o seu máis profundo pésame polo "terrible suceso", que se produciu ao precipitarse o neno de forma accidental por unha fiestra. Dende a Consellería de Política Social e Igualdade estase a recabar toda a información do sucedido en contacto co persoal do centro, onde trasladan que o neno falecido estaba sendo acompañado nese instante. A Xunta tamén puso a disposición dos traballadores do centro especialistas en atención psicolóxica de urxencia.