Relacionados
🚅 MAÑÓN
🚅 MAÑÓN Evacuadas doce persoas dun tren detido no interior dun túnel debido a unha chapa na vía Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o persoal de Adif informou ao 112 Galicia de que un tren se atopaba detido no interior dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, necesitaban medios de rescate para baixar do convoi e trasladarse ata o apeadoiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadoiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi. O Adif informou que a incidencia, que afectou á circulación entre Ortigueira e Viveiro, xa foi solventada.
⚖️ BOIRO
⚖️ BOIRO O acusado, que xa acumula nove condenas por roubo con violencia, acepta cinco anos de cárcere por ameazar o pai durante un permiso penitenciario e ferir un veciño Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Un home de Boiro, con nove condenas por roubo con violencia, sentou de novo diante do xuíz esta mañá por un delito que cometeu durante un permiso penitenciario. Na audiencia preliminar do caso, o acusado aceptou os feitos que se lle imputan. Ao parecer, na noite do 23 de maio foi á casa dos pais, chamou ao timbre e cando o pai abriu a porta, ameazouno cun coitelo no pescozo. Esixiulle que lle entregara diñeiro ou drogas; obrigouno a espirse e mantívoo retido dúas horas na vivenda. Na súa fuxida, o mozo tiroulle o coitelo a un veciño e feriuno nun brazo. A Fiscalía atribúelle delitos de roubo con violencia, detención ilegal e lesións polo que solicitaba 8 anos e cinco meses de prisión. O acordo de conformidade reduce a pena a 5 anos de cadea e unha indemnización de 1.500 euros ao pai e uns 300 ao veciño. Tras a audiencia, o mozo, que estaba en prisión preventiva, volveu ao cárcere.
🚔 CANGAS
🚔 CANGAS Vandalizada unha escola con pintadas antisemitas Toda a información, en G24.gal e G24play.gal Esta é a pintada coa que amenceu o escaparate dun centro deportivo de Cangas. Os autores da vandalización acusan os responsables do centro de apoiar o masacre de Gaza, e todo porque nesta escola ensinan krav maga, técnicas de artes marciais utilizadas polas Forzas de Defensa e Seguridade de Israel. "Nós somos unha escola de artes marciais, unha escola de defensa persoal, non nos metemos en política nin en conflitos bélicos de ningún tipo. É certo que a nosa arte marcial é unha arte marcial con procedencia israelí, é un feito histórico, é así pero vaia o judo tamén é xaponés e o taekwondo é coreano", explica David Santos, experto en seguridade persoal, preparación e supervivencia Non é a primeira vez que lles sucede algo así "Xusto antes da apertura, en agosto atopámonos co vidro pintado. Limpámolo, non fixemos denuncia criamos que sería un feito illado pero esta vez foi nos dous escaparates, moito máis grande e fixemos a denuncia ante a Garda Civil" Que están a visionar as cámaras de seguridade para identificar os autores das pintadas denunciados por un delito de odio. "Entendemos que é un grupo de persoas que non está de acordo con diferentes tipos de políticas e queren protestar e entendo que fan coas persoas incorrectas", conclúe.
👩🏭 GALICIA
👩🏭 GALICIA
O sector da construción precisa máis traballadores pola alta demanda de traballo nese campo
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal